Valentim R. Fagim

14/02/2011

Transubstanciación lingüística

Filed under: Instantâneas da língua — valentimrfagim @ 8:34 PM

Fonte: http://cartaxeometrica.blogspot.com/ Blogue de Cibrán, professor de matemáticas.

Nunha aula grande e ateigada de rapaces de 16 a 18 anos celebrábase unha conferencia para divulgar os recursos dos que dispoñen os xóvenes para o acceso ao traballo ou a unha vivenda. Hai tres poñentes e comenza a falar a primeira:
– A veeer… los de atrás, mirais bien la pantalla?…Sii?…Bien. Comenzamos?
– Bien,… si ahora estuviérais a mi lado sentiríais como me peta el corazón. Me hace bum-bum, bum-bum. Estoy nerviosa. Eso mismo os pasará cuando os encontreis en una entrevista de trabajo…
Fai unha pequena pausa e continúa.
– Hola me llamo Magdalena y,…
Un dos seus compañeiros chámaa e fala con ela en baixo.
– Ah, si…. Me dicen que aquí la mayoría hablais en gallego. Entón vouvos falar en galego…. aínda que xa vos aviso,… que o meu galego é o galego de Moaña. Como vos dicía, o meu nome é Magdalena…
Contestando desde unha das primeiras filas, un rapaz, coa voz ben clara:
– E logo,…, de onde cres que é o teu castelán?

Todos os días se produce este patético milagre en milleiros de mentes que sendo, por exemplo, de Moaña, Tabeirós ou da Mariña, pensan que falan un castelán de Valladolid. É patético porque aínda que deixan de ser galegos, nunca chegan a ser de Valladolid, e así perden a súa alma.

Anúncios

Blog no WordPress.com.